Refuxio de Bando

Refuxio de Bando Situado en Zarramacedo (Bando)

Seixo é outro dos nosos veteranos que busca fogar 😄Chegou ao Refuxio en 2017, logo de ser recollido en Santiago de Compo...
12/07/2025

Seixo é outro dos nosos veteranos que busca fogar 😄

Chegou ao Refuxio en 2017, logo de ser recollido en Santiago de Compostela e, en todo este tempo, ninguén preguntou por el.
A pesar de ter xa uns trece anos, é bastante activo e disfruta moito dos paseos. Tamén lle gusta moito xogar (e esnaquizar) pelotas e xoguetes 🙈
Non é apto para convivir con gatos.
Seixo tamén merece atopar un fogar, ao igual que todos os veteranos que foron marchando recentemente adoptados. Alguén se anima a darlle unha oportunidade?

Contacto:
📞 981 575957 // 646 492835
📩 [email protected]

Queres axudar cos nosos gastos?
▶️ Para facer unha doazón puntual: ES66 2080 0388 2230 4000 0891
▶️ Teaming (só 1€/mes): www.teaming.net/refuxiodebando-grupo

Máis información 👉🏼 https://refuxio.gal/

Máis gatiños en acollida ou adopción. Se estás interesado nalgún deles, escríbenos a refuxio@refuxio.gal
12/07/2025

Máis gatiños en acollida ou adopción. Se estás interesado nalgún deles, escríbenos a [email protected]

Algúns dos nosos animais adoptados recentemente :)
12/07/2025

Algúns dos nosos animais adoptados recentemente :)

12/07/2025

Segue urxindo acollida para eles 😰

Alguén o recoñece ou o está buscando? Recollido en Santiago de Compostela. Contacto:📞 981 575957 // 646 492835📩 refuxio@...
10/07/2025

Alguén o recoñece ou o está buscando? Recollido en Santiago de Compostela.

Contacto:
📞 981 575957 // 646 492835
📩 [email protected]

Queres axudar cos nosos gastos?
▶️ Para facer unha doazón puntual: ES66 2080 0388 2230 4000 0891
▶️ Teaming (só 1€/mes): www.teaming.net/refuxiodebando-grupo

Máis información 👉🏼 https://refuxio.gal/

Recibimos noticias da guapísima Celta, adoptada fai xa seis anos 🥰 Grazas!!
09/07/2025

Recibimos noticias da guapísima Celta, adoptada fai xa seis anos 🥰 Grazas!!

Chamba, un dos nosos casos especiais, busca un fogarChegou ao refuxio o pasado mes de xuño tras ser recollida na avenida...
09/07/2025

Chamba, un dos nosos casos especiais, busca un fogar

Chegou ao refuxio o pasado mes de xuño tras ser recollida na avenida de San Marcos, en Santiago. Viña ferida, cunha fractura aberta nunha patiña dianteira. Non era salvable e houbo que amputarlla. Xa pasaron uns días e atópase moi recuperada, e acostumándose ás súas novas circunstancias. É boíña e perfectamente manexable, pero no refuxio está bastante asustada. Non é o mellor sitio para unha pequerrecha destas características así que agardamos que haxa sorte e alguén se fixe nela canto antes. Anímaste a coñecela? Ten pouco máis de dous meses.

Contacto:
📞 981 575957 // 646 492835
📩 [email protected]

Queres axudar cos nosos gastos?
▶️ Para facer unha doazón puntual: ES66 2080 0388 2230 4000 0891
▶️ Teaming (só 1€/mes): www.teaming.net/refuxiodebando-grupo

Máis información 👉🏼 https://refuxio.gal/

Algúns dos nosos animais que foron adoptados recentemente :)
09/07/2025

Algúns dos nosos animais que foron adoptados recentemente :)

09/07/2025

Difundimos de novo

Urxe acollida para Lenda e os seus bebés. É moi boíña, e boa nai, per no refuxio está moi estresada 😓 Se alguén lles pode facer un oco que nos escriba a [email protected]

Alguén a viu?
09/07/2025

Alguén a viu?

Dirección

Santiago De Compostela

Horario de Apertura

Lunes 09:30 - 14:00
Miércoles 09:30 - 14:00
Viernes 09:30 - 14:00
Sábado 10:30 - 13:30
Domingo 10:30 - 13:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Refuxio de Bando publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Refuxio de animais de Bando

O Refuxio de Bando ocupa uns 7.000 metros cadrados dunha parcela de 15.000 e está dividido en catro grandes módulos.

O edificio principal alberga as oficinas, a área de atención veterinaria (consulta, clínica, sala de hospitalización, …), a de atención ao público e a aula de educación ambiental, hospitalización e almacén de alimentación.

Nos módulos construidos como residencia para animais hai espazos específicos para cans e gatos, ademais de amplios patios e espazos comúns para que fagan exercicio e se socialicen. Todos os canís están protexidos do exterior e contan cunha cama para cada animal así como comedeiros e bebedeiros. Cada un destes espazos ten un patio ao que a animal pode acceder libremente.

O Concello de Santiago investiu 395.000,00 € na construción e dotación deste centro. Atrás queda o caduco modelo de canceira, onde os animais se amorean sen espazo e sen as desexábeis condicións de hixiene e saúde. No Refuxio de Bando quérese asegurar a calidade de vida dos animais mentres estean baixo a súa tutela. Quen adopte no Refuxio de Bando terá todas as garantías de que ese can ou gato chega ao fogar coas acaídas condicións hixiénico-sanitarias.