Can Cat Clínica Veterinaria

Can Cat Clínica Veterinaria Por ellos! iria dios leis

Licenciada en Bioloxía e en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela. lucía garcía boedo

Veterinaria. Cert. Spec.

En can cat, con honestidad, nos sentimos responsables del bienestar de tu animal de compañía, por ello disponemos de un avanzado equipo tecnológico, personal en constante formación y unas instalaciones adapatadas a sus necesidades. carme seoane paredes

Despois de licenciarse en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela formouse en Madrid (Hospital Veterinario Mediterráneo, servizo d

e Neuroloxía do Hospital Veterinario da Universidade Complutense, servizo de Ecografia do Hospital Los Madrazo), Alacante (Centro Policlínico Raspeig), e outras cidades completando a formación en Dermatoloxía, Oncoloxía, Endocrinoloxía, Medicina de Animais Exóticos, …

Traballou en Íscar (Valladolid), Arévalo (Ávila) e, durante unha década, na clínica veterinaria Albéitar de Ávila. Ademais da formación técnica caracteriza a esta veterinaria o trato personal e a búsqueda da máxima calidade no servicio realizado coa especialización en Cirurxía Avanzada Láser.
Completou a súa formación en Lugo (no Hospital Clínico Veterinario Rof Codina) durante tres anos, como colaboradora e formando parte do programa de internado do Hospital, tamén realizou unha estancia no Hospital Exótics de Barcelona. Especializouse en Medicina Interna (Oncoloxía), Anestesia coa realizacion de diversos cursos e participación en congresos internacionais.
Posgrao en Medicina Clínica Equina en Córdoba, combinou a medicina equina e de pequenos en Andalucía. A continuación especializouse en clínica de cans e gatos en Chile. En Galicia continúa asistindo a congresos e especializándose en Anestesia, Medicina Interna e Coidados Intensivos. yolanda sánchez aldariz

Auxiliar Técnica Veterinaria. Con experiencia en clínica dende 2003. Asistiu a cursos de formación de Auxiliar, Hospitalización, Márketing e Psicoloxía e Problemas de Comportamento Caninos e Felinos. Unha gran profesional amante dos animais coa que podes contar para asesoramento do coidado da túa mascota.
daniel rodríguez tuñón

Veterinario. Especialista en Endoscopia e Cirurxía de Mínima Invasión, Cirurxía de Columna e Oftálmica, especialista experto en Ortopedia e Traumatoloxía Veterinaria. Autor de comunicacións en congresos e prensa de Traumatoloxía. Entusiasta do uso en veterinaria da impresión 3D.
flor costoya vázquez

Veterinaria. Especialista de Endoscopia e Cirurxía de Mínima Invasión en pequenos animais ( CCMI Jesús Usón). VEaMIS. Xerente da Clínica Veterinaria Peluxa, Pontevedra, ofrece servizo de endoscopia e laparoscopia ambulante.
inma fernández fritiría

Veterinaria. Encargada de realizar as ecocardiografías e asesorar sobre os tratamentos de problemas cardíacos.
tatiana pérez castro

Veterinaria. Especialista en anestesia e diagnóstico por imaxe (radioloxía e ecografía).
amanda rodríguez pereriro

Auxiliar Técnica Veterinaria.

05/06/2026

Todos os luns estaremos en directo en Onda Cero Santiago para falar de todo o que máis nos gusta: os animais.

Falaremos de saúde, prevención, comportamento, curiosidades, coidados e moitos outros temas relacionados co mundo veterinario, sempre cun enfoque práctico e divulgativo para axudarvos a comprender mellor aos vosos compañeiros de catro patas 💚🐶🐱

Hoxe deixámosvos a entrevista deste luns 1 de xuño. Agardamos que vos resulte interesante e que a desfrutedes tanto como nós 😊

cat

🦷🐶🐱 Unha boa saúde bucal é moito máis importante do que parece.O mal alento, a acumulación de sarro ou as enxivas inflam...
04/06/2026

🦷🐶🐱 Unha boa saúde bucal é moito máis importante do que parece.

O mal alento, a acumulación de sarro ou as enxivas inflamadas non son só un problema estético. Co paso do tempo poden provocar dor, infeccións e afectar á calidade de vida dos nosos peludos.

Por iso é importante revisar periodicamente a súa boca e actuar antes de que aparezan problemas máis serios.

🦷 Unha boca sa tamén é sinónimo de benestar.
🐾 Comer, xogar e vivir sen molestias marca a diferenza.

En can cat podemos asesorarte sobre os coidados e tratamentos máis axeitados para manter a saúde dental do teu compañeiro 💚

cat

02/06/2026

🐶🌿 En can cat seguimos incorporando opcións de alimentación de alta calidade para o benestar dos vosos peludos.

Por iso, xa dispoñemos dos produtos de , unha gama inspirada na dieta mediterránea, elaborada con ingredientes seleccionados e pensada para ofrecer unha nutrición equilibrada e natural 🐾💚

Porque alimentar ben non é só encher o prato. É coidar da súa saúde, da súa vitalidade e da súa calidade de vida cada día.

🌿 Nutrición consciente inspirada na dieta mediterránea.
🐾 Coidar é a nosa forma de ser e de vivir.

Achégate a can cat e infórmate sobre a opción máis axeitada para o teu compañeiro de catro patas.

cat

🐶⚠️ Runa tivo que ser operada de urxencia por unha obstrución intestinal.Afortunadamente todo saíu ben, pero casos coma ...
01/06/2026

🐶⚠️ Runa tivo que ser operada de urxencia por unha obstrución intestinal.

Afortunadamente todo saíu ben, pero casos coma este lémbrannos algo moi importante: os ósos poden ser moi perigosos para os cans.

Non importa que sexan grandes ou pequenos, poucos ou moitos. Os ósos poden romperse, astillarse ou provocar obstrucións e lesións graves no aparato dixestivo.

Runa xa está recuperándose, aínda que na foto non parecía moi convencida 😅. Sacámola un momentiño ao patio para facer un p*s e quedou agochadiña nun recuncho pensando que non a viamos.

Desexámoslle unha pronta recuperación e aproveitamos para lembrar a importancia de evitar este tipo de riscos para os nosos peludos 💚

cat

29/05/2026

🐾⚠️ Últimos días da campaña de desparasitación en can cat ⚠️🐾

Co bo tempo, pulgas, carrachas e mosquitos están máis activos ca nunca 🦟🐶🐱
E agora é cando máis importante é protexer aos nosos peludos.

✨ Lembra que durante estes últimos días, coa desparasitación externa trimestral ou anual… a desparasitación interna é GRATIS ✨

Unha forma máis completa de coidar da súa saúde e evitar problemas antes de que aparezan 💚

⏳ A campaña remata moi pronto, así que este é o momento perfecto para poñer ao día a súa protección.

📍Pregunta na clínica antes de que remate a promoción.

cat

28/05/2026

🐾🥘 Nova alimentación en can cat 💚

Xa temos dispoñible Natsbi, unha alimentación natural cociñada para cans e gatos 🐶🐱

✨ Ingredientes de calidade
✨ Receitas naturais
✨ Cociñada para conservar mellor o sabor e os nutrientes
✨ Unha opción diferente para coidar da súa alimentación diaria

Cada vez máis familias buscan alternativas máis naturais para os seus peludos, e en can cat queremos ofrecer opcións adaptadas ás súas necesidades 😊

📍Pregunta na clínica e descubre a nova alimentación Natsbi.

cat

🐶✨ Antonela non atopaba a súa correa… así que apareceu en can cat cunha velliña que había gardada na casa da anterior ca...
26/05/2026

🐶✨ Antonela non atopaba a súa correa… así que apareceu en can cat cunha velliña que había gardada na casa da anterior cadela 😊🐾

E xa que viña, aproveitou tamén para facer un pequeno cambio de estilismo 💇‍♀️💚

Agora marcha así de guapa, elegante e presumida 🐶✨

Hai pacientes que sempre conseguen alegrarnos o día 🥰

cat

25/05/2026

🐾☀️ Chega a época na que os parásitos están máis activos… e os nosos peludos son os primeiros en notalo 🦟🐶🐱

Pulgas, carrachas ou mosquitos poden provocar problemas importantes, por iso en can cat queremos poñercho un pouco máis fácil esta tempada 💚

✨ Este mes, levando a desparasitación externa trimestral ou anual, a desparasitación interna é GRATIS ✨

Unha protección máis completa para que o teu compañeiro estea preparado tanto por dentro como por fóra 🐾

Agora é o mellor momento para anticiparse e evitar problemas cando chega o calor 😊

📍Pregunta na clínica e aproveita a campaña antes de que remate.

cat

22/05/2026

🐾💜 Cora é desas cadelas que conquistan a todo o mundo 😍

Ademais de ser preciosa, é moi intelixente e ten unhas ganas enormes de aprender 🐶✨
É unha cadela moi activa, pero todo ese entusiasmo tamén lle axuda a avanzar cada día e a aprender a comportarse dun xeito máis tranquilo e equilibrado.

E o mellor de todo… é que xa sabe facer un montón de cousas 👏🐾

cat

Dirección

Restollal 15
Santiago De Compostela
15702

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 19:30
Martes 09:00 - 19:30
Miércoles 09:00 - 19:30
Jueves 09:00 - 19:30
Viernes 09:00 - 19:30
Sábado 10:00 - 14:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Can Cat Clínica Veterinaria publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Can Cat Clínica Veterinaria:

Compartir

Categoría