10/02/2026
Nós xa sabemos de que vai isto: chove… para, fai frío… volve chover. E así en bucle 😅.
O outro día falabamos dos chuvasqueiros, pero cando o termómetro baixa de verdade, o corpo tamén pide algo máis. Para iso están os xerséis para cans Malmö: quentiños e suaves, ideais para saír cando toca paseo 🐾.
👉 Punto clásico con debuxo de trenza.
👉 Axuste cómodo que non limita o movemento.
👉 Ideal para cans con pouco subpelo, maiores, pequenos… ou simplemente friolentos ❄️.
E se comeza a chover, o chuvasqueiro por riba e listo. O combo perfecto para o inverno! En Agrobotica temos solucións para a choiva, para o frío… e para cando se xuntan as dúas cousas 😉.
Consulta as cores e as tallas dispoñibles na nosa tenda, ubicada na rúa do Cruceiro da Coruña 22, en Santiago de Compostela.