
03/03/2025
FESTA DE ENTROIDO URDILDE 2025.
Canto se fai agardar e o pouco que nos vai durar. O noso Entroido xa está aquí. A cargo da banda sonora teremos a unha dupla intergaláctica. Por un lado contaremos ca ORQUESTA GRAN PARADA que é un clásico verbenil, unha cuota segura vamos e o seu carón a DISCO MÓBIL CHOCOLATE, tan ben o fixeron o ano pasado que era imposíbel non querer repetir.
Volveremos contar con servicio polboril. O que ven sendo pulpeira de toda a vida.
Aínda que este ano o Entroido cae tarde, a choiva aquí é como Rexona, no te abandona. Contaremos cunha carpiña xeitosa onde cobixarse se o tempo ven mal dado. Pemán portate ben que sabemos onde vives.
Para finalizar queremos agradecerlle a toda a Parroquia e negocios locais a súa colaboración, sen vos non sería posible. Nós somos meros executores. Igualmente o Concello de Rois, que sempre está ahí.
Ide poñendo a industria disfraceira a funcionar que estaremos encantados de recibirvos. Acudide insensatos!
VIVA O ENTROIDO DE URDILDE ME CAGO EN TAL QUE LA VIDA ES UN CARNAVAL Y LAS P***S SE VAN CANTANDO.