06/06/2026
🏆🏇🏻Juan Gabriel Fernández con Energy conquistaba esta tarde a proba raíña do Concurso de Saltos Territorial de “As Pontes Ecuestre”, a de 1.0 m, namentres que Patricia Alonso con Abigail JGF e Karla Guimarei con AGR Bertín acompañaban ao xinete no podio tras unha emocionantísima competición coa que se clausuraba a cuarta edición do certame. 🏆Tamén pola tarde se celebraba a proba de 0.80 m, na que Lía Couce con Pichona III lograba a primeira posición; Mariana Beceiro tamén con con Pichona III, a segunda, e Noa Martínez con Richi, a terceira praza.
🫱🏻🫲🏼O alcalde e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, presidía a entrega de trofeos, xunto á presidenta do Club Hípico Prado Ventura, Natividad González Laso, e do presidente da Federación Hípica Galega, Federico Pérez Lago.
🫶🏻Pechamos así a cuarta edición de “As Pontes Ecuestre” agradecendo ao Concello, á Deputación e á Federación Hípica Galega o apoio brindado; a todos e todas as deportistas a vosa participación, e como non, ao público que nos compañastes na xornada. 😉Vémonos no V “As Pontes Ecuestre”
-
-