10/06/2026
A correcta xustificación das axudas públicas foi o eixo central da xornada celebrada hoxe no Polígono de San Cibrao das Viñas, organizada por Conecta Ourense, iniciativa da Xunta de Galicia a través do Igape e da Confederación Empresarial de Ourense.
Baixo o título “Teño unha axuda concedida… e agora que?”, a sesión permitiu achegar ás empresas as claves para xestionar con éxito unha fase decisiva na tramitación das subvencións: a .
Durante a xornada destacouse que a concesión dunha axuda non supón o final do proceso, xa que unha xustificación incorrecta pode provocar atrasos, requirimentos, minoracións ou mesmo o reintegro dos importes percibidos.
A sesión contou coa participación de José Antonio Rodríguez, presidente do colectivo empresarial do Polígono de San Cibrao; Marta Nóvoa, alcaldesa de San Cibrao das Viñas; e Jaime Pereira, secretario xeral da CEO, quen animou ás empresas a achegarse a para identificar oportunidades, detectar o potencial dos seus proxectos e localizar os apoios públicos máis axeitados.
Da man das subdirectoras do Laura Almeida e Placeres Conde, e da responsable de Conecta Ourense, María Fernández, abordáronse os erros máis frecuentes na tramitación das axudas e as boas prácticas para evitalos: planificación desde o inicio, revisión das bases reguladoras, organización documental, trazabilidade dos pagamentos e cumprimento dos prazos.
A xornada completouse cun caso práctico sobre a liña 2026, unha convocatoria clave para apoiar a internacionalización das pemes galegas.
Desde a CEO seguimos traballando para que as empresas de Ourense poidan aproveitar con garantías os recursos públicos dispoñibles, convertendo as axudas concedidas en axudas efectivamente cobradas.