10/06/2026
🐾✨ Ola! Eu son Bruma ✨🐾
Din que son unha gatiña moi especial, pero eu creo que simplemente son... ¡Bruma! 😸
Encántame xogar, investigar cada recuncho da casa e meter o fuciño en todo o que me parece interesante (que son moitas cousas, para que nos imos enganar 😹). Son moi curiosa e sempre estou preparada para vivir unha nova aventura.
Cando me canso de tanto traballo explorador, gústame facer unha boa sesta acurrucada cos meus irmáns. A verdade é que adoro estar acompañada, porque son unha gatiña moi sociable e cariñosa. 💕
Busco unha familia para sempre que me queira tal e como son: divertida, agarimosa, algo traste e con moito amor para dar. A cambio prometo encher a túa casa de ronroneos, xogos e momentos inesquecibles.
🏡 ¿Queres ser a miña familia definitiva?
Se pensas que temos que coñecernos, escribe á asociación. Eu estarei aquí, practicando as miñas mellores poses e esperando por ti. 🐾🤍
Bruma busca fogar. Comparte para axudarme a atopar a miña familia para sempre.