
03/09/2025
Este verán incorporamos unha nova marca de pensos, TROVET PLUS. Conta con varias referencias de dietas, especialmente indicadas para o manexo dalgunhas enfermidades: problemas gastrointestinais, problemas urinarios e renais, dietas hipoalerxénicas, control de peso e diabetes. Dispoñemos de pensos secos e sobres húmidos.
Xa sabedes que podedes preguntarnos cando teñades algunha dúbida en canto á alimentación dos vosos animais, intentaremos solucionalas.
Boa semana!!🐩🦮🐕🐈⬛🐈