04/04/2025
CAMBIO DE UBICACIÓN ⚠️⚠️
*###VII FEIRA APÍCOLA DAS RÍAS BAIXAS*
Ante a incerteza de se choverá ou non mañá, optouse por un cambio de ubicación da cita mais doce da tempada, que se celebra no Porriño cada ano.
As ponencias internacionais, xunto cos postos de venda de material apícola, mesas de información e o camión da Cera pasan para o Centro Cívico de O Porriño, un pouco mais adiante do local onde se facían antes, na N-550 Avenida Domingo Bueno. Detrás xusto do local hay unha zona de aparcamento que estará aberta.
O mercado de artesanía e as distintas actividades levarase a cabo na Praza do Cristo, na carpa alí instalada. Haberá ademais dos postos, actividades infantís, catas, showcookings e degustacións.
Un programa completo, para desfrutar toda a familia e que a choiva non nos pare !!!