01/02/2024
📣O Mellor Mural do Mundo está en Fene
O mural representa unha violonchelista e foi realizado durante a primeira edición do Perla Mural Fest, en agosto de 2023
O mural realizado polo artista SFHIR durante o primeiro Perla Mural Fest celebrado o pasado mes de agosto en Fene, vén de ser nomeado como Mellor Mural do Mundo pola plataforma Street Art Cities , logo dun proceso de votación popular que culminou no día de onte.🥳🥳
A concelleira de promoción económica e turismo, Ángeles Coira, celebrou este recoñecemento, e felicitou unha vez máis ao artista Hugo Lomas (SFHIR) “por ter conseguido este galardón que desde agora sitúa a Fene no mapa mundial da arte urbana”. Coira tamén tivo palabras de agradecemento “para todas as persoas que souberon apreciar a labor realizada polo artista e contribuíron co seu voto a conseguir este resultado”.
A nova completa en⬇⬇
https://fene.gal/portal-cidadan/noticia/gl/7737