VetCur, Clínica Veterinaria

VetCur, Clínica Veterinaria VetCur, lo mejor para tu mascota

" Lo mejor para tu mascota"
URGENCIAS 24H, radiodiagnóstico, ecografía, electrocardiografía, analítica clínica, cirugía, odontología, hospitalización, identificación, medicina interna,peluquería, tienda de alimentación y accesorios.

⚠️ Can aparecido en Sobrado dos Monxes ⚠️📱 Se é teu, ponte en contacto co 650 491 648.🙏🏻 Se non, por favor, comparte est...
12/05/2026

⚠️ Can aparecido en Sobrado dos Monxes ⚠️

📱 Se é teu, ponte en contacto co 650 491 648.
🙏🏻 Se non, por favor, comparte esta publicación para axudar a atopar á súa familia.

🐶✨ Compartimos a estupenda iniciativa MÓVETE CO TEU CAN da clínica veterinaria Can Cat ✨🐶En Can Cat Clínica Veterinaria ...
11/05/2026

🐶✨ Compartimos a estupenda iniciativa MÓVETE CO TEU CAN da clínica veterinaria Can Cat ✨🐶

En Can Cat Clínica Veterinaria organizan unha xornada pensada para todas as persoas que queren moverse, aprender e g***r co seu can. Non fai falta ser deportista nin ter experiencia previa: só ganas de pasar unha tarde diferente co teu compañeiro de catro patas. 💜

📆 19 de maio
📍 Can Cat Clínica Veterinaria | Rúa do Restollal, 15 · Santiago de Compostela
🕔 De 17:00 a 20:00 h

Trataranse temas tan interesantes como o canicross, bikejoring, coidados do can activo e mecánica básica da bicicleta. Ademais, haberá cóctel de benvida e agasallo exclusivo para os asistentes. 🎁

⚠️ Prazas limitadas. Inscríbete aquí:
https://forms.gle/oLk71iKR4frmAdhU6

🔙 En publicacións anteriores falabamos da febre hemorráxica de Crimea-Congo, transmitida pola carracha Hyalomma e que xa...
10/05/2026

🔙 En publicacións anteriores falabamos da febre hemorráxica de Crimea-Congo, transmitida pola carracha Hyalomma e que xa se detectou en 27 concellos de Galicia. Pero non é a única enfermidade que transmiten estes parasitos externos.
👉 Neste post falaremos un pouco das enfermidades máis comúns transmitidas por carrachas, aínda que non todas están presentes na nosa zona, pero cómpre coñecelas, sobre todo de cara ás vacacións, onde cada vez é máis habitual viaxar cos nosos peludos.

🔰 Parálise por picadura de carracha: algúns destes parasitos poden transmitir pola saliva neurotoxinas que afectan ao sistema nervioso, xerando unha parálise ascendente que comeza polas extremidades posteriores e evoluciona cara a parte superior. Se non se trata, pode causar a morte nun prazo de 1 a 5 días.
🔰 Hepatozoonose: transmitida pola carracha Rhipicephalus sanguineus, neste caso pola súa inxesta ou de carne infectada ou por vía transplacentaria. Pode provocar febre, apatía, anorexia, anemia, hiperestesia, depresión, secreción ocular e nasal, rixidez...
🔰 Hemoplasmose: máis común en gatos, tamén é transmitida por pulgas e outros artrópodos. Provoca palidez de mucosas, decaemento, anorexia, ictericia...
🔰 Borreliose ou enfermidade de Lyme: o síntoma máis identificativo é a coxeira crónica que remite e volve aos días, pero tamén cursa con febre, inflamación articular, letarxia, perda de apetito, dificultade respiratoria... Algúns cans cursan con enfermidade renal que pode ser letal.

A prevención é sempre a mellor opción para protexer aos nosos animais. Seguindo unha pauta desparasitante axeitada, gañamos seguridade e tranquilidade.

En VetCur coidamos da túa familia! 💙

🐱👨‍⚕️🐶 Esta fin de semana estamos de garda!Se tes algunha urxencia veterinaria, chámanos de inmediato.☎️ 981 786 067En V...
09/05/2026

🐱👨‍⚕️🐶 Esta fin de semana estamos de garda!

Se tes algunha urxencia veterinaria, chámanos de inmediato.
☎️ 981 786 067

En VetCur coidamos da túa familia! 💙

🐱 Gatiños en adopción!🤍 Estres tres cachorriños buscan unha familia que os coide e queira para sempre. Naceron en abril,...
06/05/2026

🐱 Gatiños en adopción!

🤍 Estres tres cachorriños buscan unha familia que os coide e queira para sempre. Naceron en abril, aínda son moi pequenos, e son un macho e dúas femias.

📲 Se queres darlle un fogar a algún destes pequenos, escribe un whatsapp ao 645 354 441.
🙏 Se non, por favor, comparte esta publicación para axudarlles a atopar unha familia que os adopte.

‼️ A febre hemorráxica de Crimea-Congo é unha enfermidade causada por un virus transmitido por carrachas Hyalomma. Non e...
03/05/2026

‼️ A febre hemorráxica de Crimea-Congo é unha enfermidade causada por un virus transmitido por carrachas Hyalomma. Non existe vacina contra esta doenza, só se poden aplicar fármacos sistemáticos.
Aínda que unha alta porcentaxe de persoas infectadas non chegan a presentar síntomas, esta enfermidade ten catro fases con diferentes síntomas, dende dores e febre ata ictericia e dificultade respiratoria, pasando por hematomas e sangrados nasais, de enxivas ou ouriña.

🐶🐱 Os cans e gatos non adoitan enfermar, pero si poden ser portadores deste virus. Por iso, a prevención é esencial, sobre todo agora que soben as temperaturas e os parasitos externos están máis activos. Cumprindo unha pauta desparasitante axeitada para os nosos peludos, estaremos protexéndoos desta carracha e doutros parasitos que tamén poden transmitir outras enfermidades.
Ante calquera dúbida, pide cita na nosa clínica e recomendarémosche o tratamento desparasitante máis axeitdao.

En VetCur coidamos da túa familia! 💙

📷 GCiencia

ℹ️ Esta fin de semana está de garda a Clínica Veterinaria Melide. Se tes unha urxencia, acude ou chama:📍 Rda. Pontevedra...
02/05/2026

ℹ️ Esta fin de semana está de garda a Clínica Veterinaria Melide. Se tes unha urxencia, acude ou chama:

📍 Rda. Pontevedra, 58, baixo, Melide
☎️ 981 50 78 90

👉 Mañá, 1 de maio, pechamos por festivo nacional. Se tes unha urxencia veterinaria, a clínica veterinaria Melide está de...
30/04/2026

👉 Mañá, 1 de maio, pechamos por festivo nacional. Se tes unha urxencia veterinaria, a clínica veterinaria Melide está de garda e alí atenderán ao teu peludo.
📍 Rda. Pontevedra, 58, baixo, Melide
☎️ 981 50 78 90

⚠️ Can desaparecido en Mezonzo, Vilasantar ⚠️🐶 Tilín desapareceu o 14 de abril e a súa familia está buscándoo por todas ...
28/04/2026

⚠️ Can desaparecido en Mezonzo, Vilasantar ⚠️
🐶 Tilín desapareceu o 14 de abril e a súa familia está buscándoo por todas partes. É moi bo, non morde e leva un colar co seu nome e contacto dos seus propietarios.
📲 Se sabes algo, chama ao 636 60 53 73 ou 601 86 32 37.
🙏 Se non, por favor, comparte esta publicación para axudar a Tilín a volver a casa.

⚠️ Cadela aparecida en Olas, Mesía ⚠️Parece que está coidada e é agarimosa. 📱 Se a coñeces, ponte en contacto co 638 489...
25/04/2026

⚠️ Cadela aparecida en Olas, Mesía ⚠️
Parece que está coidada e é agarimosa.
📱 Se a coñeces, ponte en contacto co 638 489 331.
🙏🏻 Se non, por favor, comparte para axudarnos a atopar á súa familia.

🤮 Sabes que hai animais que non poden vomitar? Moitos son animais cos que convivimos, así que anota!🐰 Coellos: unha obst...
23/04/2026

🤮 Sabes que hai animais que non poden vomitar? Moitos son animais cos que convivimos, así que anota!

🐰 Coellos: unha obstrución por bolas de pelo pode ser moi perigosa.
🐹 Roedores: ratas, ratos, cobaias, esquíos...
🐸 Ras: algunhas especies poden realizar unha "emesis gástrica", expulsando o estómago completo; pero non poden vomitar como tal.
🐴 Cabalos: a súa estrutura anatómica impide o vómito, por ter un esfínter esofáxico inferior moi forte. Non obstante, en situacións extraordinarias poderían regurxitar polos orificios do nariz. Esta situación é unha urxencia dixestiva e pode ser moral.

Coñecías esta información?

En VetCur coidamos da túa familia! 💙

Dirección

Rúa Manuel Angel Terrón, 2, Bajo
Curtis
15310

Horario de Apertura

Lunes 09:30 - 18:30
Martes 09:30 - 18:00
Miércoles 09:30 - 18:00
Jueves 09:30 - 18:00
Viernes 09:30 - 18:00
Sábado 10:00 - 13:30

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando VetCur, Clínica Veterinaria publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a VetCur, Clínica Veterinaria:

Compartir

Categoría