En Animalvit ofrecémosche productos innovadores e de primeira calidade para axudarche no coidado das túas mascotas. No noso catálogo só atoparás marcas que apostan polo benestar animal. Seleccionamos os seus mellores productos para que as túas mascotas se manteñan saudables e se expresen con vitalidade e alegría. En Animalvit atoparás alimentación e accesorios premium que te axudarán a evitar cons
ultas non desexadas co veterinario. Coidamos das túas mascotas mediante a nutrición e o reforzo do seu sistema inmunitario.
▪️ Alimentación con ingredientes selectos, vitaminas e plantas medicinais.
▪️ Receitas naturais, sen aromas artificiais, conservantes nin colorantes.
▪️ Comida con gran riqueza nutricional, deliciosa e de fácil dixestión.
▪️ Accesorios e complementos con materiais de calidade, seguros e cómodos. Gustaríanos que Tenda Animalvit Arca non só fose unha tenda especializada en alimentación e accesorios para mascotas, senón un sitio de encontro de todos os veciños que comparten o seu teito e o seu corazón con pequenos amigos. Non importa se ladran, maúllan, roen, voan, nadan ou galopan, esta é a súa tenda porque o merecen.