Rescate de Animais XEA Concello de Rois

Rescate de Animais XEA Concello de Rois Unico espazo Oficial do servizo publico de Benestar Animal do Concello de Rois , para concienciar so

Despedimos ás dúas cachorriñas que quedaban desta camada! 😍😍 Eira e Fusa xa marchan para os seus fogares, onde terán unh...
06/08/2025

Despedimos ás dúas cachorriñas que quedaban desta camada! 😍😍 Eira e Fusa xa marchan para os seus fogares, onde terán unha vida feliz coas familias que as adoptaron de maneira responsable. Noraboa, desexámosvos moitos anos de cariño e compañía! 💞

Se ti tamén queres adoptar nun centro legal, escribe ao correo [email protected].

Seguen marchando máis amiguiños adoptados! 👏 Outros tres cachorros que teñen casa, familia e toda unha vida por diante p...
31/07/2025

Seguen marchando máis amiguiños adoptados! 👏 Outros tres cachorros que teñen casa, familia e toda unha vida por diante para vivila coidados e con cariño. Grazas ás familias por facelo posible, noraboa e a disfrutalos moito! 🧡

Se ti tamén queres adoptar nun centro legal, escribe ao correo [email protected].

Moi contentos polas adopcións dalgúns dos cachorriños que chegaron hai pouco! 😍 Tres deles xa teñen familia e fogar, e a...
31/07/2025

Moi contentos polas adopcións dalgúns dos cachorriños que chegaron hai pouco! 😍 Tres deles xa teñen familia e fogar, e aínda quedan algúns. Dana, Atilo e Pachón teñen novos nomes e, o máis importante, teñen a oportunidade de vivir felices con familias que, facendo unha adopción responsable, van compartir con eles unha vida feliz e chea de amor, que é o que merecen. ❤️Grazas por facelo posible, noraboa e que sexa por moitos anos!

Se ti tamén queres adoptar nun centro legal, escribe ao correo [email protected].

Estes pequerrechos de dous mesiños necesitan familias dispostas a compartir vida e fogar con eles mediante unha adopción...
23/07/2025

Estes pequerrechos de dous mesiños necesitan familias dispostas a compartir vida e fogar con eles mediante unha adopción responsable 😍. Machos ou femias, non cremos que vaian ser moi grandes. Contacta co noso equipo de adopcións no correo [email protected] se tes ben pensado adoptar e queres facelo nun centro legal. Agardámosvos!

Outra boa noticia! Outro amiguiño que marcha a vivir acompañado e coidado pola familia que o adoptou de maneira responsa...
02/07/2025

Outra boa noticia! Outro amiguiño que marcha a vivir acompañado e coidado pola familia que o adoptou de maneira responsable. Acompañádevos, mimádevos e sede moi felices xuntos! Todo o noso agradecemento, e parabéns por levar a Gus con vós! 😍

Se ti tamén queres adoptar nun centro legal, escribe ao correo [email protected].

Noraboa, pequerrecha, e ata sempre! Que teñas a vida que mereces, coidada e no fogar da familia que optou por facer unha...
30/06/2025

Noraboa, pequerrecha, e ata sempre! Que teñas a vida que mereces, coidada e no fogar da familia que optou por facer unha adopción responsable. Todo o noso agradecemento á familia por facelo posible, parabéns, e a ser moi felices xunto a ela! 💞

Se ti tamén queres adoptar nun centro legal, escribe ao correo [email protected].

ACTUALIZACIÓN: XA APARECEU A SÚA FAMILIA! 🤗 ________________________________________________________Rescatamos esta cade...
24/06/2025

ACTUALIZACIÓN: XA APARECEU A SÚA FAMILIA! 🤗 ________________________________________________________

Rescatamos esta cadela no Concello de Rois, pola zona de O Sixto-Ribasar. Coñécela ou sabes de quen é? Se podes colaborar para que volva coa súa familia o antes posible, por favor escribe ao correo [email protected]. 🙏 Agradecemos difusión!

Gus, Gusa e Copete son outros dos nosos amigos que agardan a chegada de familias que lles ofrezan esa oportunidade de te...
23/06/2025

Gus, Gusa e Copete son outros dos nosos amigos que agardan a chegada de familias que lles ofrezan esa oportunidade de ter a vida que merecen, con cariño e coidados, con persoas compartindo un fogar ❣️. Se tes ben pensado adoptar e facelo nun centro legal, contacta co noso equipo de adopcións no mail [email protected] e falamos para axudarte a facelo ben e doado.

Que teñas unha vida moi feliz xunto á túa familia, bonita! Dalles todo o teu cariño, leva moita felicidade ao que xa é o...
17/06/2025

Que teñas unha vida moi feliz xunto á túa familia, bonita! Dalles todo o teu cariño, leva moita felicidade ao que xa é o teu fogar! Noraboa, e grazas á familia por adoptar responsablemente! 💕 Por moitos anos!

Se ti tamén queres adoptar nun centro legal, escribe ao correo [email protected].

Canciños recollidos no Concello de Rois, na praia fluvial de Seira. Temos que saber se foron abandoados ou se lle perder...
12/06/2025

Canciños recollidos no Concello de Rois, na praia fluvial de Seira. Temos que saber se foron abandoados ou se lle perderon a alguén. Se sabes de quen son, por favor avisa no mail [email protected] 🙏 Grazas por colaborar!

Rescatamos este can no Concello de Rois, pola zona de Carrais, e buscamos á súa familia. Sabes de alguén a quen se lle e...
12/06/2025

Rescatamos este can no Concello de Rois, pola zona de Carrais, e buscamos á súa familia. Sabes de alguén a quen se lle extraviara? Se tes información sobre os seus donos, por favor contacta no correo [email protected] 🙏 Agradecemos a difusión!

Este é Pelé, e está desexando a chegada dunha familia que lle ofreza unha nova oportunidade para vivir feliz como merece...
10/06/2025

Este é Pelé, e está desexando a chegada dunha familia que lle ofreza unha nova oportunidade para vivir feliz como merece. Queres que forme parte da túa familia?😍 Adóptao e mellorarás a súa vida e a túa tamén. Escribe ao noso equipo de adopcións no correo [email protected] e falamos para coñecernos e facer as cousas ben. Agardámoste!

Dirección

Rois

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 14:00
Martes 10:00 - 14:00
Miércoles 10:00 - 14:00
Jueves 10:00 - 14:00
Viernes 10:00 - 14:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Rescate de Animais XEA Concello de Rois publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Rescate de Animais XEA Concello de Rois:

Compartir