Os nosos bichiños abandonados

Os nosos bichiños abandonados Nesta páxina difúndense cans das distintas canceiras e protectoras da provincia de Ourense.

ACT 31/AGOSTO: MARTE, GOFRE E DUBU NECESITAN AXUDA DE MANEIRA URXENTE. Están moi deteriorados, cada vez peor, especialme...
24/07/2025

ACT 31/AGOSTO: MARTE, GOFRE E DUBU NECESITAN AXUDA DE MANEIRA URXENTE. Están moi deteriorados, cada vez peor, especialmente Marte. Non sei canto van aguantar así, nse patio de cemento, sen saír, pasando medo todo o tempo... Somentes hai que mirar as imaxes para ver a súa evolución... É terrible velos desa maneira. Necesitan axuda dunha asociación, acollida -en Ourense- ou adopción directa antes de que sexa tarde

URXE AXUDA PARA MARTE, GOFRE E DUBU.
Están na canceira dende hai case un ano, necesitan adopcións un algunha asociación que poida axudalos.

Chegaran con dous compañeiros máis que saíron de urxencia de mans da asociación Arume porque estaban en moi malas condicións, pero non había sitio para todos e urxencia tras urxencia, estes tres foron quedando atrás e xa forman parte do grupo dos invisibles da canceira: non son xóvenes, teñen problemas de socialización, e son grandes.
Non importa o bos que sexan, ou que nin sequera sexan tan medorentos, pois con agarimo e un pouco de tempo deixan de ter ese medo que se ve nas imaxes e atenden á chamada e se deixan dar mimos. Nun fogar, tranquilos e cun pouco de paciencia esa mirada de susto pronto cambiará.
Marte, Gofre e Dubu téñenno difícil, e por iso necesitan moitísima difusión!!!
Non saen dese pequeno patio de cemento, comen somentes polo crú, durmen sempre sobre duro, e agora tócalles pasar verán alí, que non é menos duro que o inverno... Corren o risco de enfermar ou simplemente de non aguantar.
Están cada vez máis estresados polas condicións nas que viven, ata o punto de que, a pesares de que se levan xenial, e de que se protexen entre eles, teñen cada vez máis discusións e poderían chegar a mancarse.
É VERDADEIRAMENTE URXENTE ATOPAR UNHA ASOCIACIÓN OU PARTICULARES QUE QUEIRAN DARLLES UNHA VIDA.
Marte, Gofre e Dubu chegaron á canceira trala morte do seu dono, e aínda que vistas as condicións nas que chegaron cos seus compañeiros non vivían en boas condicións, tampouco a canceira é un lugar no que ningún can, e menos un can maior, debera permanecer.
Marte parece un aboíño, os seus compis non parecen tan miaores pero terán uns 6 ou 7 anos... (fotos dos dentes en comentarios)
Están en Ourense pero poderían viaxar (acollidas somentes en Ourense)
Contacto Protectora de animales ARUME
Whatsapp 637751586
Correo electrónico [email protected]

ACT: NICO XA TEN UNHA FAMILIA!!!NICO NECESITA UN FOGAR URXENTEMENTEAbandonaron a Nico cerca dunha colonia. Miañaba sen s...
19/06/2025

ACT: NICO XA TEN UNHA FAMILIA!!!

NICO NECESITA UN FOGAR URXENTEMENTE
Abandonaron a Nico cerca dunha colonia. Miañaba sen saír do seu acocho, así que menos mal que alguén o escoitou pra podelo axudar… Tardaron uns días en logralo coller, porque Nico estaba asustadísimo, e hoxe, por fin, durme seguro nun fogar. Pero ese fogar non é o seu, nin pode selo. As persoas que o recolleron teñen xa familia numerosa de gatos, e todos enfermos, polo que o estrés de meter un gatiño novo na casa empeoraría a súa saúde, e Nico, ademais, tamén enfermaría.
Por iso é URXENTÍSIMO atopar unha nova ubicación para el.
Nico procura adopción dende xa. É super bonito, super riquiño, e super querible!!!
Deu negativo a leucemia e inmuno, e xa está desparasitado.
Necesitará as súas vacinas, chip, e nuns meses a castración.
Chegou asustadísimo, como podedes ver na primeira foto... Normal despois de días soliño nun lugar descoñecido e cheo de perigos. Pero no vete portouse xenial, e agora mesmo xa non quere despegarse do colo. Vai ser un mimosete!!
Ten menos de 3 meses, esa etapa divertidísima na que os cachorros están “programados” para aprender a base de trasnadas.
Contacto por messenger ou por whatsapp no telf 662240935

Estes catro gatiños quedaron sen a súa titora, sen a persoa que os rescatou da rúa e que os coidou.URXE UN FOGAR DE ACOL...
18/06/2025

Estes catro gatiños quedaron sen a súa titora, sen a persoa que os rescatou da rúa e que os coidou.
URXE UN FOGAR DE ACOLLIDA PARA ELES EN OURENSE.
Se podes axudar contacta no correo electrónico: [email protected]

ACTUALIZACIÓN SOBRE A PÁXINA OS NOSOS BICHIÑOS ABANDONADOSA partir deste momento non farei ningunha actualización a ning...
21/04/2025

ACTUALIZACIÓN SOBRE A PÁXINA OS NOSOS BICHIÑOS ABANDONADOS
A partir deste momento non farei ningunha actualización a ningunha das publicacións de Progape Ourense, nin farei máis publicacións da protectora.
A razón é que levo 11 meses sen entrar ó recinto da protectora e 5 meses sen achegarme a ningunha actividade de voluntariado.
Non teño datos actualizados, nin capacidade para obtelos, sobre a situación de cada animal que fun publicando, e difundir un animal sen estar segura de que está morto ou vivo, ou se xa foi adoptado, non penso que sexa ético.
Aínda que entre imaxes que vos amoso a continuación, de moitas das publicacións que fun facendo nos últimos anos, haberá cans e gatos que estean xa mortos, e tamén adoptados, pídovos por favor que non os esquezades, que os sigades difundindo a todos a título persoal -eu fareino-, porque merecen un fogar, merecen saír da protectora e o único xeito que teñen de conseguilo é dándolles visibilización. A maioría deles non os veredes publicados na páxina oficial, e por desgracia, moitos novos cans e gatos chegados neste último ano nunca serán difundidos, nin ofrecidos para adopción, por ninguén. Por desgracia, tamén, nesta páxina non están publicados todos os animais. Posiblemente morrerán sen que ninguén saiba nunca que existiron.
Os últimos animais que actualicei nesta páxina, foron Yiyi, morto na prote, Tana, morta na prote, Riqui, morto na prote, e Xandre, adoptado gracias á vosa difusión. OS QUE QUEDAN NECESITAN DIFUSIÓN CONSTANTE.
Moitas gracias ás persoas que sempre estivestes aí, que credes, coma min, que non existe a clasificación ADOPTABLE / NON ADOPTABLE que fai que moitos animais en protectoras e canceiras sexan non so invisibles, se non invisibilizados. Na prote somentes hai cans e gatos marabillosos que necesitan a súa oportunidade. Non todos son aptos para todas as familias, nin todas as familias son aptas para todos os animais.
Cando vaiades adoptar, sexa onde sexa, pensade nos invisibles. Nos que non son capaces de “escollervos”. Nas gateiras hai ducias de gatos que nunca sairán “escoller” a súa familia, e non por iso son menos válidos. Un gato ou un can que non se deixan nin ver na protectora, poden ser, e de feito son, os compañeiros máis marabillosos, e tamén dos que máis sufren nesa situación de estrés e cambio permanente. Un animal maior, ou enfermo, é tan capaz de formar un vínculo que un animal san. Un animal cun comportamento problemático, ou medorento, será un compañeiro incrible que te ensinará a RESPECTAR.
Grazas por estar sempre aí para eles, e axudándome, dándome esperanzas de que o traballo de difusión, que é por veces moi duro, pagase a pena.
Se tedes dúbidas sobre algún animal concreto sempre seguirei atenta ás mensaxes privadas da páxina, e procurarei respondelas.

21/04/2025
21/04/2025

ACT 28/XAN 2025: CBRE E DOURO SIGUEN SEN NADA, DESPOIS DE TODA UNHA VIDA SEN NADA... SOMENTES SE TEÑEN O UN Ó OUTRO...

ACT 26/SET: SEGUEN SEN NADA. Toda a vida na prote, sen nungunha portunidade. Son dous cans boísimos, pouco socializados pero obedientes, que te siguen e collen as golosinas da man. Non é xusto que non poidan disfrutar de algo difernete a un patio de cemento na súa vida. Precisan unha casa cunha finca ben pechada e un entorno tranquilo.

ACT 26/XULLO: DOURO E COBRE SON DOUS DOS VELLIÑOS QUE MÁIS ANOS LEVAN NA PROT. Son uns riquiños, pero como son medorentos, parece que non teñen dereito a un fogar... Ou alomenos así leva sendo un montón de anos. Nos vídeos en comentarios podedes ver o ben que se portan cando coñecen e van de paseo, a pesares de que non lles gusta nadiña que os toquen.

ACT 24/BRIL: Despois dunha vida de pati oe gaiola, seguen sen importar moito. Douro e Cobre seguen igual de invisibles que todos os demais días da súa vida... SEGUEN NA PROTE

ACT 30/MARZO: Douro e Cobre... Toda unha vida na prote... Toda unha vida sen a máis mínima oportunidade de saír dalí...

ACT 7/MARZO: MOI URXENTE POR FAVOR, NECESITAN DIFUSIÓN OU NON SAIRÁN NUNCA. Douro e Cobre levan todaa vida na prote. Son dous canciños medorentos, pero moi bos, linds a máis non poder, e moi riquiños. Procuran adopción conxunta nunha casa con finca. Encántalles pasear, encántanlles as salchichas, lévanse con máis cans. E se adaptan ben á xente nova. Somentes necesitan unha oprtunidade.

CASO ESPECIAL E URXENTE!!!!!
TODA UNHA VIDA NA PROTE…
DOURO E COBRE necesitan adopción conxunta, son medorentos, e son moi vellos. Necesitan moitísima difusión, porque cada unha desas características por si soa é un impedimento para atopar un fogar para eles.
Douro e Cobre son dous dos cans que máis anos levan vivindo na prote.
Poucos quedan xa da época na que entraron… e eles parecen destinados, como moitos dos seus compañeiros, a morrer sen a máis mínima oportunidade de coñecer outra vida.
Anos sobrevivindo en patios saturados, anos durmindo en cemento… Anos sen saír da prote para nada. Aínda que as condicións foron mellorando, aínda que o patio no que viven xa non é un patio perigoso, aínda que teñan a súa mantiña, Douro e Cobre necesitan con urxencia un fogar.
Son dous cans moi bos.
Son medorentos coa xente, pero cando coñecen van cerca túa, pendentes de ti, atenden á chamada, collen as salchichas da man, e déixanse tocar un pouquichiño se pensan que poden conseguir algo a cambio. Vamos, non estamos falando de dous cans salvaxiños, senon de dous cans que non aprenderon o que é un agarimo. Non saben ir con correa, nunca foron, por iso procuran un fogar que sexa unha casiña con terreo onde poder, por fin, tomar o sol deitados na herba, correr despreocupados, sen estrés, e aprender a confiar, ós pouquiños, nesa persoa especial disposta a ofrecerlles unha vellez confortable que poida compensar todos estes anos de carencias.
Non sei a súa idade, pero si que teñen bastantes máis de 10 anos…
Cobre é o que aparenta máis anos, e soe estar pendente de Douro, que é un can máis próximo ás persoas, que ten un pequeno tic de pastor nos paseos, intentando sempre manter o grupo unido e chamando a atención de todo o mundo se alguén queda atrás. É posible que Douro se adapte máis rápido a un fogar e por iso será unha axuda enorme para Cobre, que, ó seu carón, se sinte máis seguro.
OGALLÁ ALGUÉN Ó VELOS DECIDA QUE NO SEU FOGAR HAI ESPACIO PARA ELES
Están en Progape Ourense
Non se envían.

21/04/2025

Roqui
Xa cumpliu os 10 anos pero parece moito maior. Fatígase enseguida, a pesares de que sigue tendo un ánimo activo e que lle encanta xogar. Roqui tivo moi mala sorte na súa vida xa que foi abandonado dúas veces, e desta última vez pasou directamente ó bando dos invisibles... Non deixedes que un can como el, que coñeceu o que era vivir nun fogar, morra na prote.
En Progape Ourense

21/04/2025

Michi
Foi unha entrega de propietario de hai xa máis de 2 anos... Costoulle moitísimo afacerse ó cambio de vida que lle supuxo pasar dun piso a unha gateira. Os gatos pásanno espcialmente mal nas entregas porqu tdo o seu mundo, un piso e unha familia, se perden e non soen coñecer nada máis. Este é o caso de Michi que estivo máis de un ano sen deixarse tocar, a pesares de ser un gatiño moi agarimso. Ogallá puidera recuperar a súa vida.
En Progape Ourense

Dirección

Ourense
Pereiro

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Os nosos bichiños abandonados publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

  • ¿Quieres que tu empresa sea el Tienda De Mascotas mas cotizado en Pereiro?

Compartir