Gatiños da Illa

Gatiños da Illa Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Gatiños da Illa, Servicio de rescate de animales, Rua do Campo, Isla de Arosa.

Últimos décimos 🐱🎅🏼
14/12/2025

Últimos décimos 🐱🎅🏼

13/12/2025

A entidade promotora convoca unha xuntanza

Este ano os gatiños da Illa tamén se puxeron festivos e decidiron que xa era hora de montar un posto no Mercado Veciñal ...
12/12/2025

Este ano os gatiños da Illa tamén se puxeron festivos e decidiron que xa era hora de montar un posto no Mercado Veciñal de Nadal 🎄💚
(Si, vale… montámolo nós. Eles só supervisaron e roubaron caixas.)

📅 Cando? Sábado 13 de decembro a partir das 18h30 - Domingo 14 de decembro a partir das 11h30
📍 Onde? Na Praza de Abastos da Illa de Arousa

Imos ter:
💰 Lotería de Nadal
🎁 Agasallos solidarios
🍪 Chocolate, café e máis lambetadas (para humanos!)
🆕 Artigos novos e de segunda man
💛 E, sobre todo, moita vontade de axudar aos peludiños que máis o necesitan

Se queres colaborar ou coñecernos… vémonos alí!

E lembra:
No Nadal… e sempre… a maxia é mellor con bigotes. ✨🐱

🎅🏽✨ Xa está aquí a nosa Lotería de Nadal Gatuna ✨🐾Este ano, ademáis de coidar, alimentar e esterilizar aos gatiños da rú...
21/11/2025

🎅🏽✨ Xa está aquí a nosa Lotería de Nadal Gatuna ✨🐾

Este ano, ademáis de coidar, alimentar e esterilizar aos gatiños da rúa... queremos repartir sorte a todas as veciñas e veciños que nos axudades na nosa labor!

🎄 Décimo: 22€ (2 euros de doazón) -> Á venta en
🎄 Participación: 5€ (1 euro de doazón) -> Contáctanos 💌

Cada compra axúdanos a seguir facendo o que máis nos importa:
💛 Darlles unha vida digna aos gatos que viven na rúa.
💉 Seguir esterilizando co método CER (captura, esterilización e retorno).
🍽 Alimentar as colonias
💊 Ofrecerlles coidados veterinarios

E... quen sabe🤞🏼? Igual este ano o gordo chega miañando 🐈.

Grazas por axudarnos a axudar 💛🐾.

🚨 CHARCO BUSCA ADOPCIÓN RESPONSABLE 🆘Mirade o guapísimo que está o noso Charquiño ✨.🐾 Macho🐾 2-3 meses🐾 XoguetónEste peq...
21/11/2025

🚨 CHARCO BUSCA ADOPCIÓN RESPONSABLE 🆘

Mirade o guapísimo que está o noso Charquiño ✨.

🐾 Macho
🐾 2-3 meses
🐾 Xoguetón

Este pequeno apareceu en moi mal estado a finais de outubro, hipoglucémico e hipotérmico, quedou ingresado con pronóstico reservado e, a pesar de todo, conseguiu saír adiante.

Xa rematou o tratamento pautado polo veterinario e está en acollida esperando a súa familia definitiva.

GUSTARÍACHE ADOPTAR A CHARCO? ESCRÍBENOS 📥. E senón… COMPARTE 🙏🏼🥺.

🐱💬 “E ti de quen ves sendo?”Nós somos da illa... e os nosos gatiños tamén 😉!Presentamos a nosa nova bolsa solidaria dese...
09/11/2025

🐱💬 “E ti de quen ves sendo?”

Nós somos da illa... e os nosos gatiños tamén 😉!

Presentamos a nosa nova bolsa solidaria deseñada pola incrible Emma Castañeiras .

Con cada bolsa que merques, axudas a darlle unha segunda oportunidade aos gatiños que máis o precisan. E levas contigo unha obra de arte chea de cor, amor e humor gatuno 💛.

✨ Feita con cariño, con identidade galega e con propósito.
👍🏼 Bolsa de algodón de 140 gramos.
💚 Só por 8,5 € — 100% destinado á esterilización, coidados e alimentación dos gatiños da rúa.

👉 Podes conseguila contactando connosco por mensaxe directa ou nos seguintes puntos de venta:

🐾 Veterinario da Illa
🐾 Veterinario San Miguel
🐾 Floristería Yasmina
🐾 Bar Tropicana
🐾 Mosaico Fogar

Dirección

Rua Do Campo
Isla De Arosa
36626

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Gatiños da Illa publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir